Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Os 15 puntos negros da ría de Vigo

Os 15 puntos negros da ría de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Con motivo da celebración, o 22 de abril, do Día da Terra, Salvemos Monteferro e os colectivos que conforman o grupo "A RÍA NON SE VENDE" presentaron un traballo sobre o estado actual e as ameazas que sopesan sobre a Ría de Vigo.
Os elevados niveis de contaminación, unidos ó alarmante proceso de destrución da paisaxe e da natureza no seu litoral, constitúen o motivo que moveu a estes colectivos á elaboración deste informe. O traballo consiste nun mapa con 15 puntos sinalados. Ó "clicar" en cada un deles ábrese unha fiestra con ampla información sobre a problemática de cada lugar, incluíndo vencellos a páxinas relacionadas, hemeroteca, contactos con grupos e asociacións, etc.

O mapa contén tamén un Punto Cero dedicado ó mar, á auga: un rigoroso estudio do seu movemento, das correntes e a renovación das augas, do por que da súa gran riqueza biolóxica, e do seu delicado equilibrio.
Este traballo está editado na páxina web de Salvemos Monteferro: www.salvemosmonteferro.org