Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Concentración en Ramallosa pola PAZ e polo acceso á Vivenda en Gondomar

Concentración en Ramallosa pola PAZ e polo acceso á Vivenda en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Un grupo de xente moza do Val Miñor, acaba de facer un chamamento voluntario de concentración por SMS a toda a mocidade do Val Miñor en sinal de repulsa ao feitos que acotencen no Val Miñor referente ao urbanismo, e pola solicitude dunha acceso á vivenda no Val Miñor para a mocidade, dado os elevados prezos das vivendas e a nula promoción de vivenda pública.
 
Este grupo de xente xove do Val Miñor, convoca a todas e todos os mozos da comarca a concentrarse en sinal de protesta mañán domingo no paseo da Ramallosa ás 18h. baixo o lema "Pola paz e por una acceso á vivenda no Val Miñor.". "Non queremos ter que marchar".
Os colectivo xuvenil do Val Miñor consideran que son "un dos grandes afectados en toda esta trama urbanística que rodea á comarca, e consideran que os políticos fan caso omiso ás súas necesidades. O urbanismo está en mas duns poucos que o utilizan para o seu propio beneficio e non para suplir as necesidades vitais dos veciños e veciñas da zona."
 
Moitos mozos e mozas de entre 28 e 35 anos están marchando do Val Miñor obrigados polo elevado prezo das vivendas, xerado pola corrupción e a demanda dos grandes grupos inmonbiliarios que teñen copado o control do chan na comarca. Isto está preovocando un preocupante cambio de mográfico na comarca onde xa se están consolidando cunha poboación envellecida por culpa do acceso á vivenda.
 
A nula consideración por parte dos concello da promoción de vivenda pública está provocando que moita xente moza teña que marchar aos concello veciños de Tomiño, Salceda, Ponteareas ou o Morrazo, lonxe das súas familias e amigos e onde a demanda xa empeza a elevar alí tamén os prezos das vivendas.
 
A alternativa do aluguer é igualmente inaccesible para todos eles, dado que a oferta está en mans de xente que só lle interesa alugar nos periodos estivais, onde cada piso pode chegar a ter mensualidades preto dos 1500 euros, dependendo da zoa.
 
Esta grupo xuvenil tamén reclamará mellora das comunicacións e mobilidade do transporte público na comarca. O acceso aos centros de estudo ou aos seus centros de traballo en Vigo fan necesario ter un vehículo propio porque o servizo é precario e esta monopolizado. A xente xove do Val Miñor aboga pola necesidade de crear un servizo de transporte público metropolitano e non local como ven ocorrendo.
 
Aproveitando as Xornadas de Urbanismo que se celebrarán en Nigrán hoxe ás 19h no Colexio H. Juanes de Vilameán, este grupo de rapaces e rapazas faran estensible o comunicado á prensa alí presente.