Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O MAR UNHA AVENTURA. DESCUBREA!

O MAR UNHA AVENTURA. DESCUBREA!

Correo-e Imprimir PDF
Concurso infantil de pintura en Pontevedra
A Diputacion de Pontevedra convoca un concurso infantil de pintura enmarcado dentro do Proxecto NEA-Experiencia Atlántica, poderán participar todos os nenos da provincia Pontevedra de entre 6 e 14 anos. A entrega de premios e a exposicion dos traballos farase no patronato Rias Baixas de Pontevedra. Máis información www.formacionytrabajo.com  ou 902 027 622 O Concurso Infantil de Pintura organizado pola Exma. Deputación de Pontevedra está enmarcado dentro do Proxecto NEA - Experiencia Atlántica. O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento do turismo náutico, baseándose no fomento das prácticas e das competencias náuticas entre a poboación da provincia de Pontevedra, buscando así fomentar a realización de actividades náuticas en calquera época do ano, facendo que esta práctica permaneza no tempo e sexa entendida como unha alternativa de lecer próxima e dispoñible. 

Seguindo esta premisa a Deputación de Pontevedra a través do Concurso de Pintura quere contribuír a un acercamento da poboación máis nova coas actividades náuticas desde todas as súas perspectivas: lecer, cultura, turismo, deporte... e que mediante a creatividade e a imaxinación poidan sentir curiosidade pola práctica de devandita actividade e deste xeito favorecer o contacto co mar.