Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor ARDE GALIZA - Os lume chega ao Val Miñor

ARDE GALIZA - Os lume chega ao Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
O lume chegou hoxe ao Val Miñor penetrando por unha fornte que aparecía no alto se San Cibrán. As 8:35 da mañán podíanse alviscar a lapas de fume dende a A-57 cando o fume ainda permanecía alto e o vento movía cara a Baiona.

Catro hidroavións, un deles pertencente a Protezione Civile de Italia, e un helicóptero traballan se acougo nas labores de extinción do lume, convertendo a ría  nunha pista de aterrizaxe contínua. Cada 2 minutos os Canada collian auga co perigo do biaxo nivle de auga pola baixamar.

O mariscadores e mariñeiros da zona permanecían atónitos ante ante o impresionante baile de avións. Se ainda están se confirmar a magnitude do lume, xa se fala dunha cifra de 10.000 hectareas queimadas e arrasadas por esta vaga de lumes terroristas que están queimando e destruindo o corazon e patrimonio verde do pais e dos galego e galegas que sofren directamente as consecuencias destes actos macabros.

Os veciños de Torroña falan de falta de medios e desesperación, o lume está moi preto da casas e non se descartan que algunha teña que ser desaloxada.

A xente tamén comenta a tremenda valentía dos pilotos que están facendo fronte a este lume, xa que pasan por medio do fume e rasean a unha altula de apenas 50 metros por riba do lume. nunha zona que todo o mundo recoñece como moi dificil de situar dada a escarpada do propio monte.

Para colaborar contra os incendios que están a arrasar os nosos montes nestes días queremos agradecer e coordinar nas tarefas voluntarias de extinción.
Se queres colaborar só tes que chamar ao

900 400 800

+ INFO SOBRE O VOLUNTARIADO CONTRA O LUME >>

Se queres colaborar só tes que chamar ao