Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor S.O.S Carnota pide axuda.

S.O.S Carnota pide axuda.

Correo-e Imprimir PDF
DSCN1169
DSCN1136
DSCN1709
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

   
A todos os que algunha vez visitáchedes Carnota, ós que amades esa terra, ós que na próxima ponte, ou nunha fin de semana , ou este verán vaiades pola nosa costa... avisarvos dunha cousa, triste, máis certa:  facédelle as fotos que podades, filmade en video todo canto poidades,  porque o que coñecedes ata o de agora vaise acabar.

Nestes días que estiven de taberneiro ocasional en Carnota puidenme enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.

Exemplos: 
Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa de Nunca Máis).

Lira: perto de mil apartamentos.

Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.

O Pindo: xa se está a construir, e mercando o pouco que fica.

Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameazanlle con que se non venden acabaránlle por expropiar (a figura do axente urbanizador que a Xunta quere apoiar).

Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que mercan as vivendas fanno dende Madrid e por catálogo, nin siquera coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid. En algúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó mercar un de luxo en Madrid... Se cadra é o tempo de facer revivir NUNCA MÁIS, a fin é a mesma: a defensa da nosa costa, do noso mar, da nosa paisaxe, mais desta vez o ataque non ven polo mar en forma de chapapote, ven por terra en forma de formigon armado e ladrillo. 

Os responsables de atallar esto son os mesmos, os poderes públicos da Xunta de Galicia. 
Dos Alcaldiños e os Concellos mellor esquecerse.

CONSTRUCCION A TODA COSTA - NUNCA MAIS
GALIZA EN PERIGO DE MORTE

Así é como se vende Galicia. Mira esta web
http://www.galiciavista.com/index.asp?pageID=2&taal=ES