Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Touriño aposta por un urbanismo transparente dentro do marco da legalidade

Touriño aposta por un urbanismo transparente dentro do marco da legalidade

Correo-e Imprimir PDF

Santiago, 8 de xuño de 2006.- Touriño apostou hoxe por tomar conciencia e defender e aplicar a legalidade en materia urbanística. “Necesitamos un urbanismo transparente e no marco da lei que responda á aplicación estrica da legalidade” explicou.

O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, confirmou que no caso do balneario de Oia existe un expediente aberto que tratará de determinar se existe ou non ilegalidade urbanística. “Será a súa resolución o que determinará cales son as medidas a tomar”, indicou.

“Como presidente asevero o compromiso e a determinación plena para aplicar e facer cumprir a legalidade urbanística”, recalcou. O presidente galego indicou que “a lei está para ser cumprida” e que todas aquelas actuación que a sobrepasen deberán ser corrixidas.

Como primeira medida neste senso, o titular da Xunta anunciou a creación da Axencia de Legalidade Urbanística e a dotación de recursos adicionais a inspección urbanística para acadar “o estrito cumprimento da legalidade”.

Touriño sinalou que estas medidas de responsabilidade e cumprimento da legalidade son aplicables en toda Galicia. “Non imos renunciar a que se cumpra a lei e sexamos respectuosos coa mesma”, aseverou. En materia de urbanismo, apelou “ao traballo conxunto de todas as administracións na dirección da consecución da transparencia”. “Un urbanismo opaco, creador e favorecedor de alarma é negativo”, indicou.

Por último, o presidente galego fixo unha valoración positiva ao anuncio do Concello de Nigrán de remodelar e retomar o plan xeral de ordenación urbanístico.