Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Manifestación contra o PXOM de Nigrán

Manifestación contra o PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación de Veciños "Dunas" de Nigrán convoca a todas e todos os veciños do Concello de Nigrán e as/aos que se solidaricen con eles ao PLENO que se celebrará o próximo venres 2 de xuño a partires das 8:30 - 9:00 da mañá diante do Concello de Nigrán para manifestar o  desacordo co PXOM e a paralización da tramitación do mesmo, xa que a partires das 9:00 da mañá celebrarase un Pleno onde previsiblemente se aprobará inicialmente o proxecto.
A pesares das dificultades debido ó día e hora da convocatoria do pleno, solicitan á xente faga un esforzo por asistir.

O portavoz da asociación pide aos veciños que leven  pancartas coa mensaxe que considen respecto ó tema de protesta. 

A oposición cre que o Plan Xeral favorece só aos promotores

A oposición votará mañá en contra do plan xeral proposto polo equipo de goberno. Tanto o BNG como o PSOE coincidiron onte ao afirmar que o planeamiento urbanístico favorecerá exclusivamente aos grandes promotores e constructores e prexudicará aos pequenos propietarios.

O portavoz nacionalista, David Giráldez, compareceu onte acompañado polo seu compañeiro de grupo, Xan Lois Lomba e polo responsable local, Xavier Rodríguez para expresar o seu disconformidad co plan.

Trala aprobación definitiva, non se poderán construír vivendas na maior parte das parroquias do interior do municipio. A máis alta edificabilidad está prevista nas marxes da estrada xeral na parroquia de Nigrán, terreos que desde os últimos anos pasaron a mans destes promotores e ata, segundo o BNG, de sociedades relacionadas co alcalde, Alfredo Rodríguez, como un solar de 20.000 metros cadrados fronte á capela das Angustias, en Camos.

Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=4820562