Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Salvemos Monteferro entrega 9875 firmas contra o proxecto do vial

Salvemos Monteferro entrega 9875 firmas contra o proxecto do vial

Correo-e Imprimir PDF
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Fonte - Faro de Vigo
A asociación de defensa medioambiental "Salvemos Monteferro" congregou o sábado a unhas 500 persoas ante o Concello de Nigrán como preámbulo á presentación por rexistro de 9.875 firmas compulsadas de oposición ao proxecto de vial.
Nos prolegómenos a entrega,  foro chegando os activistas de Verdegaia que organizaron unha marcha ciclista dende Vigo para sumarse á concentración. Houbo música folclórica de gaita e tambor, para dar paso despois á protesta, na que non faltou unha pancarta reivindicativa despregada por uns zancudos.
As intervencións recalcaron os aspectos fundamentais da protesta: as desproporcionadas medidas do vial,  a perdida de patrimonio arqueolóxico e natural, e prol da defensa do litoral galego.
Pormenorizadas as voces, os oradores fixeron reconto de agravios observables como a desaparición das dunas de Gaifar, o proxecto de campo de golf en Chandebrito.
Salvemos monteferro denuncai que a tendencia é constituír unha vila de pisos baleiros, de persianas baixas, salvo un mes ao ano, e non facela habitable, asequible para os propios residentes. 

"Salvemos Monteferro" acompañou as firmas dun proxecto alternativo, que non requiere un novo vial se non a mellora do actual con materiais que respecten o entorno de Monteferro.,
O finalizar o acto, os manifestantes reuníronse nun "xantar" campestre na cima do monte, en torno ao monumento á Mariña Mercante.
É probable que o proxecto de Monteferro, incluído no "oscurantista" plan de urbanismo, non reciba precisamente as bendicións da Xunta, segundo rumores que cobran forza.