Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Salvemos Monteferro se desmarca das pintadas na sé comunal

Salvemos Monteferro se desmarca das pintadas na sé comunal

Correo-e Imprimir PDF
O colectivo cidadán con carácter ecoloxista «Salvemos Monteferro» manifesta o súa desvinculación das pintadas aparecidas recentemente na sé social da comunidade de montes de Panxón.

Os seus portavoces insisten en que representan a un movemento cidadán cívico «e por suposto respectuoso coas persoas e cos seus bens, e aínda máis cando estes son bens comúns», manifestan. O principal cometido do colectivo é defender este espazo natural das obras que están programadas, pero afirman que as súas sospeitas parcen xa confirmadas, dado que o novo plan xeral podería recalificar unha superficie de 20.000 metros cadrados.

Un equipo de enxeñeiros e biólogos está elaborando un proxecto alternativo ao do Concello e a Deputación, no que se valorarán as funcións económicas, sociais e ambientais de Monteferro.

Visitas
A páxina en Internet deste movemento cidadán recibiu xa máis de 5.000 visitas. Ao mesmo tempo, manteñen aberta unha campaña de recolección de firmas en contra da apertura dun vial de considerables proporcións ata o alto de Monteferro. Consideran desproporcionada a creación dunha rotonda de 36 metros e estradas de ata 16 metros de ancho con servizos de luz e de auga para chegar ata o alto do monte. Temen que esta actuación sexa o primeiro paso para a recalificación dos terreos forestais de Monteferro.

O proxecto de urbanización pon en perigo ademais os restos arqueolóxicos na única zona costeira que quedou libre da especulación urbanística.