Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Coñezamos mellor a terra

Coñezamos mellor a terra

Correo-e Imprimir PDF
O Centro Cultural A Merced de Chaín, Gondomar, organiza un ciclo de conferencias baixo a denominación xenérica de COÑEZAMOS MELLOR A TERRA.

O venres 3 de febreiro, ás oito da tarde nos locais do Centro Cultural de Chaín o profesor da Física da Universidade de Vigo, Gabriel Rosón, procurará responder ás seguintes cuestións ¿Chove menos hoxe ca en invernos anteriores? ¿Coverteráse España nun deserto? ¿Que é o cambio climático?. A conferencia, acompañada dunha proxección, terá unha duración aproximada de 1 h. 15 minutos. O venres 10 de febreiro ás 8 da tarde o director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo, Nacho Munilla, abordará o tema de A ACTIVIDADE HUMANA E O CAMBIO CLIMÁTICO. A conferencia, acompañada dunha proxección, terá unha duración aproximada de 1 h. 15 minutos.

O venres 17 de febreiro ás 8 da tarde presentaráse o libro OS COTOS DE CHAIN, publicado na colección Cadernos do IEM, pola súa autora Purificación González e na que participará tamén Fernando Lahuerta.