Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Centro de Información á Muller

Centro de Información á Muller

Correo-e Imprimir PDF
CIM - Centro de Información á Muller
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

¿Que é o Centro de Información á Muller?
É un servizo de información ás mulleres, que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres.

Persoas ás que vai dirixido
Mulleres do Concello de Baiona ou de concellos limítrofes que non conten con este servizo.



CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER
DirecciónRúa Dolores Agrelo, 16 - 1ª Planta
Centro de Servizos Sociais
36300 Baiona
Teléfono986 35 75 54
Fax986 35 52 91
Correo electrónico 
Página webhttp://www.baiona.org/igualdade/
Horario de atenciónLuns a venres de 9:00h a 14:00h
Martes de 17:00h a 19:30h
Asesoramento xurídicoLuns de 9:30h a 14:00h
Martes de 17:00h a 19:30h
Asesoramento psicolóxicoMartes de 9:00h a 13:30h
Martes de 17:00h a 19:30h
Para un mellor funcionamento do servizo e atención ás usuarias,
prégase solicitar cita previa no teléfono 986 35 75 54


¿Que é o Centro de Información á Muller?

É un servizo de información ás mulleres, que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres.

Persoas ás que vai dirixido

Mulleres do Concello de Baiona ou de concellos limítrofes que non conten con este servizo.

Principios que nos rexen

  • Anonimato de identidade das usuarias.
  • Servizo totalmente gratuíto.
  • Respecto á vontade das usuarias na busca de posibles solucións e alternativas das consultas expostas.
  • Confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres.

Servizos

  • Asesoría xurídica
    O Centro de Información ás Mulleres ofrece asesoramento xurídico en dereito de familia (separación, divorcio, pensións alimentarias, custodia de menores…), dereito penal (denuncias, malos tratos, lesións, inxurias…), dereito laboral (contratación, condicións de traballo, extinción de contratos, permisos, excedencias…) e trámites administrativos (acollemento familiar, xustiza gratuíta, recursos administrativos…).
  • Asistencia psicolóxica
    O persoal cualificado do CIM ofrécelles ás mulleres que o demanden asistencia psicolóxica en temas de separación, dificultades de parella, malos tratos, baixa autoestima…
  • Orientación laboral
    Este servizo está dirixido tanto a aquelas mulleres desempregadas como a aquelas que desexen mellorar a súa situación laboral. Ten como obxectivo apoiar a inserción laboral das mulleres a través de accións formativas e informativas, dirixidas a mellorar a súa empregabilidade e a incrementar así as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.
  • Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero
    O Servizo de Teleasistencia Móbil para vítimas de violencia de xénero é unha modalidade de servizo que, coa tecnoloxía adecuada, lles ofrece ás vítimas que contan con orde de protección unha atención inmediata e a distancia, asegurando unha resposta rápida para as eventualidades que lles poidan sobrevir as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal sexa o lugar no que se atopen.
    Requisitos de acceso:
    • Non convivir coa persoa ou persoas que as someteron ao maltrato.
    • Que conten cunha orde de protección, sempre que o xuíz que a emitiu non considere contraproducente este servizo para a seguridade da usuaria.

¿Que actividades se realizan dende o CIM?

  1. ELABORACIÓN DE MEDIDAS DE ACCIÓN POSITIVA
    • Elabora, coordina, desenvolve e realiza o seguimento e avaliación do I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Baiona.

  2. PROMOCIÓN DO ASOCIACIONISMO
    • Informa e asesora a asociacións e persoas interesadas sobre actividades, recursos e servizos relacionados coas mulleres.
    • Potencia o asociacionismo da muller e incentiva a relación con e entre as asociacións existentes.

  3. SENSIBILIZACIÓN
    • Organiza compañas específicas para sensibilizar a opinión pública sobre a situación das mulleres.
    • Divulgación e sensibilización da problemática das mulleres, organizando charlas, conferencias, xornadas, exposicións...

  4. COOPERACIÓN
    • Coopera cos distintos departamentos municipais para incorporar o principio de igualdade na Administración local.
    • Colabora cos organismos de igualdade locais e autonómicos para desenvolver programas de igualdade de oportunidades.
    • Recepciona, canaliza e tramita denuncias en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e dos medios de comunicación.

  5. FORMACIÓN
    • Información sobre cursos, estudos e xornadas que se programen no municipio, así como as actividades e servizos desenvolvidos polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
    • Organiza, en colaboración con outras administracións, cursos de formación para mulleres en áreas formativas con posibilidades de incorporación laboral.

  6. PRÉSTAMO DE LIBROS
    O CIM pon á disposición de todas as persoas interesadas información e documentación relativa ás mulleres e á igualdade de oportunidades .

Teléfonos de interese
Servizos Sociais do Concello de Baiona

  • Servizos Sociais: 986 38 59 26
  • Policía Local: 986 35 80 11 - 608 88 30 02
  • Garda Civil: 986 35 50 27
  • Xulgado de paz: 986 35 51 32
  • Centro de saúde de Baiona: 986 35 61 13
  • Urxencias Val Miñor: 986 35 27 37
  • Urxencias Médicas: 061
  • Teléfono gratuíto da muller 24 horas: 900 40 02 73
  • Urxencias: 112