Sábado, 11 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Este sábado fallarase en Baiona a V edición do Premio de Tradución Plácido C

Este sábado fallarase en Baiona a V edición do Premio de Tradución Plácido C

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Baiona acollerá este sábado a reunión do xurado que debe fallar o IV Premio de Traducción “Plácido Castro”.

Dotado con 3.000 euros, as anteriores edicións recaeron en Lois Tobío e Valentín Arias; Xesús Riveiro Costa; Enma Lázare; Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia. O xurado está integrado por: Asociación de Traductores Galegos (Xosé María Gómez Clemente); Fundación Plácido Castro (Xulián Maure); Real Academia Galega (Francisco Fernández Rei); Universidade de Vigo (Auria Fernández Rodríguez); Xunta de Galicia (Carlos Vila). Secretario: María del Mar Gómez (IGADI). O Premio de Traducción Plácido Castro é o único desta naturaleza existente en Galicia. A súa convocatoria faise a instancias da Fundación Plácido Castro, unha iniciativa xestionada polo IGADI, con sede en Baiona, que reivindica esta figura como expresión mais cabal da contemporaneidade do universalismo galego. 

O Premio quer servir de estimulo para a incorporación ó galego non soamente das grandes obras da literatura universal, senón tamén do pensamento científico a todos os niveis, de xeito que se poida dispoñer na nosa lingua dos mais avanzados e sobresaíntes textos que forman parte do patrimonio da humanidade. Para facilitar o acceso, a Asociación de Tradutores Galegos, instala todas as obras traducidas ná súa Biblioteca Virtual, que pode consultarse en www.bivir.com.

Ademais dun primeiro premio, o fallo significará dous finalistas. Varias das obras premiadas, inéditas, foron obxecto de atención e xa figuran nos catálogos de varias empresas editoras.

O premio entregarase o próximo día 28 de xaneiro en Cambados.
Mais información sobre Plácido Castro e a Fundación en: www.igadi.org