Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas In memoriam de Kristina Berg

In memoriam de Kristina Berg

Correo-e Imprimir PDF
berg
berg-arauxo-solino
berg-orquesta-gondomar
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Foi unha sorte e un privilexio gozar da amizade de Kristina Berg e de Carlos Casares e tamén de compartir veciñanza miñorana con ámbolos dous.

A cousa comezou moitos anos atrás, no Entroido de 1.994. Cando o Entroido en Gondomar era un Entroido de verdade...........................

Foi naquela altura que dous atrevidos e revolucionarios mozos de Gondomar, máis o primeiro que o segundo: Manuela de Peitieiros e máis eu, que nos plantamos no despacho de Casares en Galaxia para lle pedir que nos escribise o Testamento da Sardiña daquel ano..........Fixolle moita gracia semellante petición, pois nunca antes tal cousa lle acontecerá. E nós xutificamos a petición na súas raíces limiás, berce do Entroido máis antergo de Galiza.........E así foi, dúas semanas máis tarde e no mesmo despacho de Galaxia leunos unha magnifica peza escrita que, en primicia mundial, nos fixo botar unhas risas alí mesmo.

Que mágoa perder agora a Kristina e que inxusta é a vida!!.................

Aí tedes a proba en forma de fotos da boa xente que era Kristina, son de cando a inauguración do paseo Carlos Casares no ano 2008 no centro da Vila de Gondomar e das magníficas esculturas da Galiña Azul realizadas por Alfonso Soliño, que tamén sae na foto.................Aí está Kristina lendo versos de Xosé Mª Álvares Blázquez, e a banda de música de Vincios disposta a nos deleitar cun fermoso recital de música clásica galega.......E para rematar o noso Himno.................

Foise Kristina para o seu norteño e Hiperbóreo reino, quizais sexa Thule, e viva alí para sempre feliz xunto a Casares, Sigrid e o Capitán Trono..................

Levarésmote sempre no corazón!!!

Val Miñor, 4 de xullo de 2012.
Antonio Araúxo.
Ex – Alcalde de Gondomar.