Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Contradiscurso

Contradiscurso

O futuro do naval

Correo-e Imprimir PDF

Xabier P. Igrexas

Foron días, estes últimos, de pomposos anuncios en relación á construción naval galega. Feijóo anunciou publicamente un acordo coa petroleira mexicana PEMEX para a construción de 14 buques remolcadores. Só 7 se realizarán nas gradas de estaleiros galegos. A outra metade será construída por empresas mexicanas en colaboración con galegas. O Presidente da Xunta, cheo de euforia, anunciou que estes contratos estimados en arredor de 250 millóns de euros poderían criar até 2.500 empregos. O BNG reduciu esa previsión a un máximo de 2.000 dado que non se trata de barcos de gran tamaño. Sexa como for, só na Ría de Vigo nos últimos anos se destruíron 8.000 postos de traballo, como resultado do esmorecemento de 200 empresas auxiliares e o peche de dous dos tres estaleiros. Cabe pois relativizar o anuncio, que polo momento é só propaganda, fastuosa propaganda. Os contratos inda non están asinados e descoñécese que empresas galegas asumirán os encargos.

Dez mil millóns

Correo-e Imprimir PDF

Xabier P. IgrexasBankia, a macroentidade resultante da fusión, e bancarización, de Caja Madrid e outras seis caixas de aforros vai ser rescatada. O FROB podería destinar até 10 mil millóns de euros, de diñeiro público, para apuntalar unha entidade privada que obtivo 309 millóns de euros de beneficios o pasado ano. Si, 10 mil millóns. A mesma cantidade na que o goberno Rajoy cifrou os bestiais recortes que está a piques de perpetrar contra a sanidade e o ensino públicos, no maior ataque da nosa historia contra o Estado do benestar. 'Non hai cartos' xustificaba hai unhas semanas o Presidente español. Habería que precisar; non hai cartos para os servizos públicos pero si para a banca privada. Non os hai para atender as necesidades da maioría, mais hainos a esgalla para apuntalar os gaños dos máis ricos.

Á rúa contra o saqueo

Correo-e Imprimir PDF

XabierPIgrexasHoxe primeiro de maio é unha data para a reivindicación. Non por liturxia. Non por costume. Hoxe temos motivos e razóns abondo para nos mobilizar co gallo do Día do Internacionalismo Proletario.

Ás contrareformas laborais e das pensións o goberno central do PP suma -cada día- novos recortes. E o executivo español inda ameaza con máis golpes contra as clases populares. Cada venres un nova puñada aos dereitos sociais e aos servizos públicos, como xa advertiu esta fin de semana o propio Rajoy.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL