Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Premio Lingualaxe ao Pazo da Escola

Premio Lingualaxe ao Pazo da Escola

Correo-e Imprimir PDF
O Equipo de Normalización Lingüística Balbordo, do IES Auga da Laxe (Gondomar), acordou concederlle o premio Lingualaxe ao Pazo da Escola, establecemento de turismo rural situado en Mañufe, polo uso que fai do galego nas súas actividades. O acto de entrega deste galardón terá lugar o próximo venres, día 9 de decembro, ás 22,30h, no Café Rañolas, e contará ademais coa actuación do grupo de música dos alumnos de 2º de bacharelato do instituto, dirixidos polo profesor Sergio Álvarez.