Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Detido un veciño de Gondomar tras provocar un incendio forestal no barrio do Conde.

Detido un veciño de Gondomar tras provocar un incendio forestal no barrio do Conde.

Correo-e Imprimir PDF
focuoemecheiro

O home prendeu cinco focos nas inmediacións da finca do Conde e fixo fotos do lume no seu móbil, segundo da conta a Garda Civil.

O home estaba no lugar mentres os bombeiros e veciños protexían as súas casas, a escasos dez metros.

 A Garda Civil detivo a un mozo de Gondomar ao que interceptou tralo inicio dun lume provocado a escasos dez metros de varias casas habitadas. Os feitos producíronse esta madrugada tras recibir a alerta dun incendio nas inmediacións da Finca do Conde no concello de Gondomar

A primeira patrulla do Posto Principal de Baiona-Nigrán desprazada ao lugar foi a que abordou ao varón tras levantar as sospeitas dos axentes. Na zona traballaban xa os bombeiros do Grumir e un axente forestal, coa colaboración dos propios veciños, con temor de que o lume alcanzase as vivendas. Os bombeiros localizaron cinco focos distintos de ignición nun pequeno tramo de non máis de medio quilómetro.

Ao tomarlle declaración, os axentes percibiron incongruencias nas súas declaracións que ratificaron as súas sospeitas iniciais. Por iso foi citado no Posto Principal da Garda Civil de Baiona e acabou recoñecéndo ser o autor dos lumes que prendeu pouco antes mentres percorría o camiño ao seu domicilio habitual, que está na zona.

A Garda Civil incautou o mecheiro co que presuntamente plantou lume ao longo da rúa Curros Enríquez así como da mochila que portaba e que estaba medio queimada. O detido chegou a facer fotos do incendio co seu teléfono móbil e borrou as imaxes ao ser descuberto, aínda que foron recuperadas por efectivos do Posto Baiona-Nigrán.

O detido, J.M.G.R., de 39 anos, ao que se lle imputa a comisión dun presunto delito de incendio forestal, será presentado nas próximas horas ante a autoridade xudicial competente.