Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar “Con enerxía e ilusión”: O BNG presentará en acto público a súa candidatura en Gondomar.

“Con enerxía e ilusión”: O BNG presentará en acto público a súa candidatura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
manuela pumar

O Bloque Nacionalista Galego presentará publicamente a súa candidatura ás elección municipais de maio, este domingo día 12, nun acto público que terá lugar ás 12 horas na Praza do Centro de Saúde de Gondomar.  No acto intervirán a parlamentaria do BNG, Carme Adán e a candidata á alcaldía, Manuela Rodríguez Pumar.

A candidatura que se presentará publicamente este domingo foi aprobada por unanimidade en asemblea aberta. Nesta candidatura intégranse cinco persoas independentes e un membro de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG.

Dende o Bloque salientan a súa integración por “persoas de todas as parroquias de Gondomar, persoas comprometidas a diferentes niveis no traballo social, veciñal, cultural, asociativo, sindical, feminista, etc”.

A candidatura levará por nome “BNG-Asembleas Abertas” e a formación convida “a todo o pobo de Gondomar a participar neste acto de presentación, iniciando así, con enerxía e ilusión, un proceso que nos leve ao necesario cambio político no Concello, para convertelo na casa de todas e todos”.