Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar A Garda Civil imputa ao suposto autor dun roubo de gasoil á maquinaria vial que traballaba en Vincios.

A Garda Civil imputa ao suposto autor dun roubo de gasoil á maquinaria vial que traballaba en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

-A Garda Civil imputou a JA.CH.P., de 45 anos de idade e veciño de Gondomar, como suposto autor dun roubo de gasoil de maquinaria estacionada na estrada de Vincios.

O pasado mes de febreiro foi presentada unha denuncia no Posto da Garda Civil de Gondomar polo xerente dunha empresa dedicada á construción e asfaltado de estradas. Nela manifestaba, segundo a Garda Civil, que cando iniciaban a xornada laboral, decatábanse que á maquinaria, que quedara estacionada na vía pública que estaban asfaltando no lugar de Vincios, subtraéronlle o gasoil, concretamente dun camión Man, ao que logo de cortarlle os tubos do gasoil baleiraron os dous depósitos, dunha estendedora de asfalto e dunha minibarredora, nestas forzando os tapóns dos depósitos, apoderándose duns 300 litros de carburante.
Unha vez ter coñecemento deste feito, compoñentes do referido Posto da Garda Civil iniciaron as correspondentes investigacións . Estas investigacións deron resultado positivo no día de onte coa localización e imputación do suposto autor o cal foi conducido ás dependencias oficiais para a instrución das oportunas dilixencias.
As mesmas foron entregadas no Xulgado de Instrución número sete de Vigo, onde terá presentarse o imputado, ao que lle constan amplos antecedentes policiais, cando para iso sexa requirido pola autoridade xudicial.