Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Detida unha veciña de Gondomar por roubar os xoguetes dos "Reis Magos"

Detida unha veciña de Gondomar por roubar os xoguetes dos "Reis Magos"

Correo-e Imprimir PDF
REYES-MAGOS-EN-HIGUERA-DE-LA-SIERRA

A policía nacional detivo onte a unha veciña de Gondomar de nacionalidade portuguesa, que buscaban por roubar os agasallos de "Reis Magos" do interior dun vehículo en Vigo o pasado Nadal.

Imputánlle un delito por roubo con forza.

Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Vigo e pertencentes á Comisaría de Distrito Centro, detiveron a unha muller de trinta e sete anos de idade, de nacionalidade portuguesa e con domicilio en Gondomar, por un delito de Roubo con Forza en Interior de Vehículo.

Os feitos tiveron lugar o pasado Nadal na rúa Marqués de Alcedo en Vigo, cando un home presentouse en Comisaría para denunciar que fora vítima dun roubo no interior do seu vehículo.

Segundo declaracións da vítima, o día anterior acudira a realizar as compras do Nadal, entre elas os agasallos para os nenos, e que para evitar que estes os descubrisen deixounos gardados no maleteiro do seu vehículo, saíndo do domicilio á primeira hora da mañá para recollelos. Unha vez chegou ao coche descubriu que este fora forzado e que os agasallos xa non se atopaban alí, polo que se dirixiu á Comisaría para presentar a denuncia.

Tras realizar a Brigada de Policía Científica unha Inspección Ocular Técnico- Policial, "os axentes encargados do caso iniciaron unha complexa e longa investigación." Durante a mesma afloraron datos doutras investigacións que permitiron identificar a unha muller como responsable dos feitos. Sería na última hora da tarde cando os axentes descobren a esta muller e proceden á súa identificación e detención.

Despois de realizar as comprobacións oportunas a través da Sala Operativa do 091 procedeuse ao traslado desta muller a dependencias policiais. Unha vez en Comisaría consultáronse as bases de datos policiais, comprobándose que a detida tiña 21 antecedentes policiais anteriores, varios deles polos mesmos feitos que o descrito.

Todo o actuado pasou a disposición do Xulgado de Instrución Número Dous, por ser quen coñecía a causa.