Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar "Temos que mollarnos até os nocellos para meter e sacar os nenos da gardería"

"Temos que mollarnos até os nocellos para meter e sacar os nenos da gardería"

Correo-e Imprimir PDF
Os conos advierten do perigo na cancela de entrada | Imaxe cedida
Un das bocas de desaugue | Imaxe cedida
Un das bocas de desaugue na porta de entrada | Imaxe cedida
garderia gondomar 3
Patio de trada | Imaxe cedida
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

Nais e pais que acuden a levar aos cativos á gardería municipal de Gondomar reclaman que se arranxe dunha vez o sistema de desaugue do patio de entrada.

Denuncian que as bocas de desaugue son pequenas e están atascadas e cando chove un pouco acaban anegando todo o patio.

"Isto xa leva así polo menos dous anos, e seguimos igual. Cada vez que chove un pouco, os nenos non poden nin entrar nin sair por eles mesmos porque a auga cúbrelles os pés e temos que ir os pais a levalos e sacalos sorteando as charcas para que non se mollen." apunta un veciño de Gondomar que acuder diariamente a levar á súa filla. 

O patio de entrada rematado en cemento conta con tres bocas de desaugue pequenas que están atascadas, segundo denuncian. Para canalizar a auga a eses desaugues o chan ten modificadas as inclinacións para recoller as augas nestes puntos. Ao non poder desaugar, estas zonas anéganse varios centímetros. Unha delas coincide xusto na cancela de entrada á gardería.

"O problema xa non é que te molles ti os pés e non os cativos. O problema é que un día imos cair ao chan con eles no colo porque ves como pais e nais vamos chimpando de un lado a outro para evitar estas zonas e un día alguén vai cair cos críos no colo e entón si que vai ser un problema".

Pais e nais piden ao concello que fagan as reformas necesarias e destasquen os desaugues do patio "Xa tiñan que estar limpos antes da temporada das choivas. Forma parte do mantemento dos centros, pero aquí xa leva anos así, e así seguimos".