Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar licita obras para mellorar a accesibilidade e infraestruturas da Praza de Abastos.

Gondomar licita obras para mellorar a accesibilidade e infraestruturas da Praza de Abastos.

Correo-e Imprimir PDF
praza-abasto-gondomar

O Concello de Gondomar sacará a licitación una serie de melloras para a Praza de Abastos da vila. Entre traballos previstos atópase a instalación de rampas de accesibilidade para a eliminación de barreiras arquitectónicas do edificio, a substitución da iluminación ordinaria por unha de tecnoloxía led, a instalación de rótulos luminosos nos postos de comercio, así como o mantemento xeral de limpeza e pintura. A inversión total será de 42.000 euros, dos cales o 75% será financiado pola Xunta de Galicia e o 25% restante polo Concello.


Carlos González Camesella, concelleiro de Mercados, afirma que esta obra será a terceira intervención de perfeccionamento da Praza de Abastos desde que asumiu hai tres anos. Lembra que as anteriores renovaron as portas de acceso e as instalacións de fontanería. Engade que a continuidade do funcionamento do mercado estará garantida mentres se acometen os traballos xa que a maior parte deles se realizarán fóra do horario de atención ao público.

 

.