Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Nacionalistas volverán a reclamar no pleno o servizo HADO de Povisa para os habitantes de Gondomar.

Nacionalistas volverán a reclamar no pleno o servizo HADO de Povisa para os habitantes de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
persoa cadeira rodas

O novo convenio SERGAS-POVISA integra o servizo de hospitalización a domicilio e coidados paliativos coñecido como HADO. Atención que ata entón so beneficiaba ás persoas doentes adscritas á área CHUVI, deixando fóra aos usuarios de Gondomar e o resto do Val Miñor. En novembro do ano pasado a iniciativa do grupo nacionalista de Gondomar, aprobouse en pleno que o Concello reclamara ao SERGAS a súa implementación para os habitante do municipio. Sen embargo, e aínda a súa inclusión no novo convenio marco, Gondomar segue fóra do mesmo, segundo denuncia o edil Antonio Araúxo. "Unha de dúas: ou o goberno municipal non lle deu trámite, ou na Consellería de Sanidade non lle fixeron caso", afirma o concelleiro.


O servizo HADO permite coidados paliativos a doentes e familiares na "fase terminal da vida", segundo o Plan Galego de Coidados Paliativos aprobado pola Consellaría de Sanidade (SERGAS) da Xunta de Galicia en 2006. Os concellos de Cangas e Moaña xa solicitaron e recibiron este servizo que agora brinda POVISA. Pola contraria, "As xentes do Val Miñor lemos abraiadas e moi preocupadas como una vez máis o desleixo dos gobernos municipais do PP dos tres Concellos (do Val Miñor), pasan deste asunto e non dan nin os mínimos á hora de defender os dereitos dos seus veciños e veciñas", salienta Araúxo.
Neste senso, Araúxo afirmou este martes nun comunicado que no vindeiro pleno da corporación municipal de Gondomar, se pedirán explicacións ao goberno e ao alcalde, "pois a el quen lle corresponde en nome da corporación municipal xestionar e axilizar os acordos tomados".