Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O barrio Souto en Donas novamente afectado polos cheiros dun escape da rede de saneamento.

O barrio Souto en Donas novamente afectado polos cheiros dun escape da rede de saneamento.

Correo-e Imprimir PDF
donas sumidoiro

Pechar as ventás é de momento o único que poden facer os veciños do barrio de Souto para evitar que o fedor das augas residuais inunden as casas. O escape do vertido prodúcese na propia estrada a carón das casas dende un sumidoiro. As queixas dos veciños son recollidas polo edil nacionalista, Antonio Araújo, quen reprocha ao goberno de Gondomar de mirar para outro lado cando xa fora advertido en máis de cinco ocasións desta filtración. Engade que a fuga de auga é case permanente, mais a "diferenza é que no inverno no medio das escorrentías da chuvia 'non se nota', pero agora no verán, ademais de verse ás claras o fedor é insoportable", salienta.


O vertido tamén afecta o río.
Insiste que o grupo nacionalista de Gondomar volveu a informar disto no último pleno mais "coma sempre, o PP fai caso omiso", sinala. O concelleiro describe que o vertido tras atravesar a estrada pasa a un rego que percorre o barrio por diante das vivendas. De alí a un regueiro e "obviamente, do regueiro ao río". Denuncia que ademais das salpicaduras cando pasan os coches, os veciños "teñen que ter fechadas as ventás das casas polo fedor insoportable".
O mal ven de lonxe.
Araújo denuncia que "isto é a consecuencia de como se fixeron as obras do saneamento no seu día, sen ningún tipo de control ou supervisión, e agora pasa isto por non ter caída suficiente nese punto as tuberías". Explica que agora cómpre "levantar a tubería e fundear o necesario para darlle a pendente e que poida funcionar por gravidade .....aínda que isto supoña unha obra de deminensións e custes elevados."
O feito irá a pleno e nunha denuncia á Xunta.
Adianta que o grupo nacionalista municipal volverá a insistir coa denuncia no vindeiro pleno, a maiores de denunciar desta situación nos organismos correspondentes da Xunta de Galicia.