Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Alfonso de Lis.Novo secretario xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar

Alfonso de Lis.Novo secretario xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
 Agrupación Municipal de Gondomar ven de renovar os seus órganos de Goberno, en cumprimento do proceso post-congresual do PSdeG-PSOE. A nova Executiva local está encabezada por Alfonso Javier de Lis Fiuza, elixido secretario xeral.

O novo órgano executivo proponse consolidar un proxecto baseado nas persoas, articulado arredor dun programa que responda ós intereses xerais e recolla o sentir da maioría social progresista. O obxectivo é facer do PSdeG-PSOE o referente social fronte o PP.

Para elo a dirección socialista que encabeza De Lis ten intención de descentralizar a xestión orgánica e política da agrupación. Así, respectan a independencia do grupo socialista como órgano de representación municipal, e valoran o seu bo facer e lealdade e compromiso co programa que o PSdeG-PSOE presentou nas pasadas eleccións municipais.

Ler nova completa da Voz de Galicia