Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O pleno de Gondomar suspéndese depois do rifirrafe entre o alcalde e os preferentistas

O pleno de Gondomar suspéndese depois do rifirrafe entre o alcalde e os preferentistas

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da persecución denunciada polo alcalde de Gondomar- Imaxe VIA TV

O Pleno de Gondomar que tiña lugar este xoves 3 de outubro foi suspendido aos poucos minutos do inicio por decisión do alcalde popular Fernando Guitián.

O voceiro da plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño, Xulio Vicente, acompañado por outros membros do colectivo comezaron a increpar ao rexedor por denunciar xudicialmente a Xulio Vicente tras os incidentes do pleno da Mancomunidade do Val Miñor, o pasado mes de abril.

 

No intre en que o alcalde negouse a dar explicacións da citada denuncia durante o pleno, Vicente increpou a non só a Guitián, senón tamén aos grupos da oposición por “non parar ao Concello”, ao tempo que un grupo de persoas que acompañaban ao denunciado uníronse á protesta, provocando a decisión do alcalde de suspender o pleno.

Cando aínda non tiña comezada a sesión, Vicente advertiu dende as butacas do Auditorio Lois Tobío, onde tivo lugar o pleno, que quería “falar”. Como o alcalde negoulle a palabra, Vicente comezou a increpar ao rexedor pola devandita denuncia. Feito que provocou unha aclaración de Guitián, no senso de que non o denunciou na súa calidade de afectado aforrista senón polo que entendeu como un feito persoal de acoso tras a axitada sesión do mes de abril.  O denunciado  terá que acudir o vindeiro 10 de outubro, ante a xustiza para dar conta dos feitos.

Nas filas da oposición lamentaron a actitude de ambos os dous protagonistas, pois a suspensión da sesión implicou entre varios temas de interese municipal, a imposibilidade de presentar a moción de ANOVA solicitando a paralización da venda de NGB, ata que non se devolva a totalidade dos aforros aos afectados. “Isto non pasaría se o alcalde tivera unha actitude máis compresiva e dialogante”, sinalou o voceiro nacionalista, Xosé Antonio Araújo.

Se ben a suspensión da sesión non foi do agrado da oposición, Araújo matizou que “hai que entender a situación pola que están pasando todas estas persoas”.

Dim lights Embed Embed this video on your site