Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os comerciantes de Gondomar demandan un aumento nos horarios e zonas destinadas a carga e descarga

Os comerciantes de Gondomar demandan un aumento nos horarios e zonas destinadas a carga e descarga

Correo-e Imprimir PDF
carga-y-descarga

-Eladio Costas, concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, afirma que existe un desfase na ordenanza actual

 

Onte foi analizada en comisión informativa a proposta do concelleiro de tráfico e seguridade cidadá do Concello de Gondomar, Eladio Costas, sobre a modificación e actualización da ordenanza de carga e descarga sobre zonas e horarios. Tras o estudo por parte do grupo municipal, a proposta será levada ao Pleno a próxima semana para a súa aprobación definitiva.

A petición dos comerciantes do municipio, a Policía Municipal presentou unha solicitude para modificar a Ordenanza de Carga e Descarga en relación ás zonas e horarios habilitados para iso. Segundo o concelleiro de tráfico, Eladio Costas, "a ordenanza existente está desfasada e este é un cambio necesario".

A proposta busca aumentar as zonas libres para carga e descarga nas seguintes zonas: Lugar de Fontán entre os edificios 1b a 1 h, rúa Elduayen, Levada do Beco e ampliación na rúa Eduardo Iglesias.

En referencia aos horarios solicítase que os días laborables, de luns a venres, a xornada se amplíe de 8 a 12 e de 16 a 18 horas. Os sábados o horario destinado a carga e descarga será de catro horas, de 8 a 12.