Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A XIII Marcha Cicloturista Concello de Gondomar convoca a máis de 100 deportistas para o domingo.

A XIII Marcha Cicloturista Concello de Gondomar convoca a máis de 100 deportistas para o domingo.

Correo-e Imprimir PDF
marcha-cicloturista-gondoma

O vindeiro domingo día 11, o Club Ciclista Gondomar, organiza, en colaboración coa Concellaría de Deportes, a XIII Marcha Cicloturista Concello de Gondomar. O evento, aínda pendente de peche de inscricións, xa conta con máis de 100 competidores anotados.

Trátase dunha ruta de 108 quilómetros con saída na vila de Gondomar ás 09:30 horas, que percorrerá Baiona, A Guarda, Tomiño, Tui, o Monte Aloia, Morgadáns, Peitieiros e Couso para rematar novamente na vila gondomareña.

A cantidade de deportistas anotados fai valorar moi positivamente a acollida que tivo este ano a competencia, anunciaron tanto as autoridades do organizador Club Ciclista de Gondomar, como a concelleira de Deportes Natalia Salgueiro quen colabora a través da súa concellaría na promoción do evento.