Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PSOE quere saber canto gastou e a quen asignou móbiles e horas extras o anterior goberno de Gondomar.

O PSOE quere saber canto gastou e a quen asignou móbiles e horas extras o anterior goberno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Francisco

.Os socialistas de Gondomar presentan as súas primeiras consultas de control da xestión municipal.

.O PSOE Gondomar quere saber cantos teléfonos móbiles  asignou  e canto gastaron nese ítem no anterior goberno de Martín Urgal.

.Tamén demandan información sobre a asignación e destino das horas extras dos funcionarios do concello.

Os socialistas presentan unha serie de consultas en relación a gastos e asignación de móbiles e horas extras a funcionarios do pasado goberno municipal. As misivas interésanse polos período que va dende xaneiro a maio de 2011. A agrupación dirixida por Francisco Ferreira tamén ingresou por rexistro unha moción de recoñecemento ao funcionario e deportista José Rodríguez Domínguez, e dúas solicitudes para instalar un valo quita-medos na estrada de Donas-San Cibrán, no lugar da "costa do chasco" á marxe esquerda da mesma. E outra  valo quita-medos na estrada de Vendas a Carrasquedo de A baixo en Vilaza, no lugar da "baixada do Guadarrama" á marxe dereita.

Os socialistas quere saber cantas liñas de teléfonos móbiles  ten adxudicadas o Concello de Gondomar a políticos, cargos de confianza e funcionarios, así como os gastos correspondentes aos seus usos entre xaneiro e maio de 2011. A tal fin ingresou unha consulta polo rexistro do concello "co fin de ir estudando os gastos municipais e colaborar na regulación necesaria dos mesmos" afirmou o concelleiro do PSOE Francisco Ferreira.

O texto da consulta solicita a relación "de telefonía móbil coas que conta este concello de Gondomar, así como a relación nominal das persoas ou usuarios das mesmas dende o 01 de xaneiro do 2011 ata o peche de facturación de data 18-05-2011." Agrega que se achegue a copia "das facturas de cada unha das liñas dende o 01-01-2011 ata o 18-05-2011, ou en outro caso, acceso as mesmas para o seu cotexo e consulta nas propias dependencia s municipais."

Relación de horas extras realizadas polo persoal municipal

En relación coas horas extras cumpridas por funcionarios do municipio, Ferreira requiriu a relación "nominal de horas extras realizadas no ano 2010 e 2011 polo persoal municipal deste concello, así mo ás horas extras penden tes de aboar os mesmos a data de hoxe."

Ferreira sinalou a Valminor.info que estes pedidos de información ten por obxectivo estudar alternativas que dean maior eficacia á plantilla municipal, vendo se é necesaria a redistribución o contratación de novos funcionarios. O líder da agrupación socialista, agregou que a tónica da súa participación neste mandato será o de unha "oposición construtiva", co único fin de defender os intereses dos veciños de Gondomar.

Recoñecemento ao funcionario municipal José Rodríguez Domínguez campión de Bolos Celtas.

Ferreira  tamén presentou unha moción dirixida ao próximo pleno municipal na que solicita da corporación municipal o recoñecemento ao funcionario José Rodríguez Domínguez, actual campión de España de Bolos Celtas, pola súa traxectoria deportiva. A moción sinala que" este concello de Gondomar conta no seu cadro de persoal cun un funcionario adscrito ó departamento de recadación JOSE RODRIGUEZ DOMINGUEZ, que leva máis de 30 anos prestando un magnífico servizo público á veciñanza deste pobo. Pero non é menos meritoria a súa carreira deportiva como CAMPION DE BOLOS CELTAS, levando por todo país o nome de Gondomar ata o máis alto"