Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A directiva pronvincial do PP elixe finalmente a Fernando Guitián como novo candidato dos populares en Gondomar

A directiva pronvincial do PP elixe finalmente a Fernando Guitián como novo candidato dos populares en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián, novo candidato dos populares de Gondomar
O novo candidato flanqueado por Rafael Louzán e Chema Figueroa
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O enxeñeiro e veciño de Gondomar Fernando Guitián foi finalmente o elixido pola diretiva provincial do PP para encabezar a lista ás eleccións municipais 2011 no concello. O candidato non é afiliado ao PP e non mantiña actividade nas súas filas. O seu nomeamento estivo precedido de sendas reunións mantidas nestes últimos días cos membros da xunta xestora local que apoiaban a candidatura da concelleira Natalia Salgueiro. Segundo o presidente local do PP Gondomar, Eladio Bargiela, Guitián contará có apoio dos dous pre candidatos que se manexaban ata de agora, a concelleira Salgueiro e mais o ex secretario xeral local Xosé Manuel Dacosta.

O nomeamento foi comunicado pasadas a 20 horas polos dirixentes Rafael Louzán, presidente do PP provincial, José Manuel Figueroa , vicepresidente e mais a secretaria xeral dos populares Begoña Estévez, nunha xuntanza coa executiva local sen a presenza de xornalistas. Segundo puido saber Valminor.info, as primeiras palabras do candidato popular foron para expresar que tomaba con entusiasmo o reto, "contarei co actual equipo de dirixentes locais para desenvolver os próximos traballos".

O nomeamento, de xeito sorpresivo para a maioría dos gondomareños, era manexado nas últimas 72 horas nos foros de Valminor.info. Segundo algúns trascendidos o nomeamento de Guitián podería estar asociado a figura do Conselleiro de Medio Ambiente e Territorio Agustín Hernández. Segundo fontes populares, o enxeñeiro Fernando Guitián traballou en varias obras de saneamento para distintas administracións, e foi o xefe de obra da depuradora de Vigo, onde coincidiu co agora conselleiro. Logo da reunión, a candidatura foi celebrada no Catro Camiños de Gondomar, onde estiveron presentes o candidato, os dirixentes provincias e parte da xestora local. Fernando Guitián será presentado oficialmente mañá nunha rolda de prensa a celebrarse na sede do PP Gondomar ao mediodía.