Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Iniciativa en Gondomar para rebaixar o custe do autobús e instrumentar unha liña interparroquial.

Iniciativa en Gondomar para rebaixar o custe do autobús e instrumentar unha liña interparroquial.

Correo-e Imprimir PDF
Casi 30 céntimos por Km paga un pasaxero de autobús dende Gondomar a Baiona.

Para chegar a Baiona dende Gondomar en transporte público se debe abonar un boleto de 1,20 € até A Ramallosa e logo esperar, a veces até media hora, outro bus que por 1,15 € deixa aos pasaxeiros na Real Vila, total 2,35€ por unha viaxe de uns 8 km. Mentres que para percorrer os mais de 20 km que separan a Gondomar de Vigo, o custe é de 2,20 €. Unha viaxe en transporte público dun veciño de calquera parroquia do concello ata o centro da vila de Gondomar non ten prezo: non existe tal servizo. Dende onte o Concello de Gondomar ten ingresado no Rexistro Xeral de Entrada unha proposta de Esquerda Unida Gondomar (UE-G) que propón unha moción para o inicio de negociacións coa empresa ATSA para a adxudicación dun transbordo Gondomar – Baiona a prezo dun só boleto e mais a creación dun servizo interparroquial que coincida co día do mercado local da vila.

A proposta se divide en dúas partes. Na primeira, se pide o inicio de negociacións con ATSA para a adxudicación dun transbordo a Baiona na Ramallosa, “de xeito que os cidadáns de Gondomar non teñan que pagar dous autobuses para desprazarse ao concello veciño”. O texto fundamenta a viabilidade da petición na mellora do fluxo e a repercusión positiva que a medida tería na economía local.

No segundo apartado solicítase outra negociación coa empresa responsable do transporte no municipio da posibilidade do “implantamento dun autobús interparroquial un día á semana, disminuíndo ao máximo o custe para a empresa”, ao concentrar a demanda nun só día. Os redactores da proposta entenden que desa maneira os veciños disporán dun día a semana co transporte para realizar trámites administrativos, acceder ao centro de saúde, mercar, etc. “Cremos importante que o servizo se implante o día do mercado local da vila”, opinan.

Segundo informaron Josué Villar, candidato a alcalde de EU-G e mais Delvino Domínguez, secretario de organización da agrupación local, a moción nace como parte das conclusións do Primeiro Foro de Transporte Público organizado por UE-G en setembro do ano pasado en Gondomar. Nese intre, os asistentes ao debate, solicitaron a viabilización destes medidas e a súa consensuación co resto das forzas políticas da bisbarra.

A moción se atopa dende onte a estudo dos concelleiros Manuel Núñez Sestelo (Move Gondomar), José Carlos Cabaleiro González, Teresa Pereira Capel, Manuel Gómez González e mais Alfonso de Lis Fiuza (Non adscritos), e a concelleira Natalia Sofía Salgueiro Hermida como portavoz do PP. Segundo Josué Villar, unha vez presentada a proposta o secretario persoal do alcalde, Eladio Bargiela informou a EU-G que a aprobación por parte de Martín Urgal está suxeita ao consenso do equipo de goberno. De ser así, a moción será presentada no próximo pleno da corporación municipal para o seu tratamento.