Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A oposición de Gondomar recupera un PXOM baixo sospeita de corrupción

A oposición de Gondomar recupera un PXOM baixo sospeita de corrupción

Correo-e Imprimir PDF
En marzo do ano pasado dixeron que cheiraba «a podrecido» e que había que empezar de novo. Onte, os socialistas de Gondomar, co apoio do PP e dun edil independente, cambiaron de opinión e impuxeron ao goberno en minoría do BNG retomar o que xa se coñece no municipio como «o plan xeral da corrupción».

O documento que motivou a detención de dous concelleiros do anterior goberno e dun arquitecto vigués volve estar sobre a mesa para o seu estudo e posible aprobación cos votos de quen o retiraron cando se destapou o escándalo. Os autores da proposta recoñecen agora que o anularon por «criterios de oportunidade política, pola proximidade das eleccións municipais».

Continúa na Voz de Galicia