Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O pleno de Gondomar rexeita recuperar o PXOM do ano 2006

O pleno de Gondomar rexeita recuperar o PXOM do ano 2006

Correo-e Imprimir PDF
O pleno de Gondomar rexeitou onte cos votos do BNG e do PSOE unha moción de urxencia do PP para recuperar o Plan Xeral que a corporación anulou o ano pasado por por estar baixo sospeita de corrupción tras a detención dos edís José Luis Mosquera e Alejandro Gómez.

O goberno nacionalista en minoría mantén a súa intención de encargar unha nova achaiadura urbanística e xa aprobou por decreto o prego de condicións para contratar a súa redacción mediante un concurso público, segundo informou onte o alcalde, Antonio Araúxo.

Fíxoo durante unha sesión plenaria marcada pola improvisación dos socialistas e populares. Carlos Silva presentou a proposta de rescatar o PXOM do 2006 fose da orde do día e estivo a piques de ser aprobada porque o portavoz socialista, Alfonso De Lis Fiuza, anunciou que ían votar a favor.

 

Cotinúa na Voz de Galicia