Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Un fallo xudicial confirma que Gondomar non ten plan urbanístico

Un fallo xudicial confirma que Gondomar non ten plan urbanístico

Correo-e Imprimir PDF

O Tribunal Superior suspende un acordo do anterior goberno local que autorizaba 300 licenzas de obra.
Gondomar é agora un concello sen un instrumento legal para conceder licenzas urbanísticas. Unha sentenza do ano 2001 tombou o Plan Xeral que foi aprobado en 1997 e, desde entón, o anterior goberno municipal perdeu todos os recursos presentados contra esta resolución.

O último pau xudicial coñeceuse onte. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) deste mes anula un acordo plenario dos anteriores rexedores locais do PP ao que se aferraron para seguir concedendo permisos de obra. Pensaron que modificando os aspectos que estaban mal do plan, poderían resucitalo. Entre outras medidas, concederon ao redor de 300 permisos de construción que agora se atopan nunha situación de inseguridade xurídica.

Continúa na Voz de Galicia