Mércores, 20 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Xulio Castañal Canto, Responsable da primeira Unidade de Tabaquismo do Val Miñ

Xulio Castañal Canto, Responsable da primeira Unidade de Tabaquismo do Val Miñ

Correo-e Imprimir PDF
Fonte- Faro de Vigo
As restricións do Goberno ao consumo de tabaco crean tendencia. Cada vez máis fumadores deciden mellorar en saúde deixando o seu vicio. Para facelo, moitos necesitan axuda profesional. Os miñoranos xa dispoñen dela de forma gratuíta. A primeira Unidade de Tabaquismo da comarca, terceira na provincia logo das dúas de Vigo, comezou a funcionar onte no centro de saúde de Gondomar con seis pacientes que iniciarán o tratamento en marzo. O seu responsable, o doutor Xulio Castañal Canto, con consulta no mesmo ambulatorio, espera mellorar a calidade de vida de moitos veciños de Baiona, Nigrán e Gondomar con a posta en marcha do departamento. Para conseguir deixalo, os fumadores só teñen que acudir ao seu médico de cabeceira, que estudará o seu caso e valorará a posibilidade de derivalos á unidade.

Continúa en http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=46786&pIdSeccion=3&pNumEjemplar=2542