Mércores, 20 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Iniciación á informática e fontanería básica para mulleres

Iniciación á informática e fontanería básica para mulleres

Correo-e Imprimir PDF
A concellaría da Muller de Gondomar programa para o mes de marzo un curso de iniciación á informática e outro de fontanería básica no Centro de Desenvolvemento Local.

O prazo de inscrición para o primeiro deles péchase o día 1 de marzo, mentres que para o segundo, que se desenvolverá durante a última quincena, está aberto ata o día 7. Ambos cursos terán unha duración de 40 horas e á súa finalización entregásese un diploma acreditativo. As persoas interesadas en participar nestes cursos deberán acudir á Casa da Cultura de Gondomar, de luns a venres de oito da mañá a dúas e media da tarde, ou ben chamando ao teléfono 986 38 93 55.