Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Dous autos xudiciais confirman a anulación do plan xeral

Dous autos xudiciais confirman a anulación do plan xeral

Correo-e Imprimir PDF
La Voz de Galicia
Fonte - La voz de Galicia
Os dous autos xudiciais emitidos recentemente polo TSXG confirmaron que o (PXOM) plan xeral de Gondomar carece de validez, a raíz dun contencioso administrativo interposto pola Xunta.
O primeiro data do 21 de novembro do ano pasado e no mesmo suspéndese o acordo plenario de maio do 2005, polo cal a corporación intentara corrixir o plan xeral anulado polo Tribunal Supremo.
O segundo auto é do pasado día dez deste mes e desestima o recurso de súplica interposto polo Concello contra o auto anterior.

A executiva local socialista ofreceu onte unha roda de prensa para asegurar que, conforme a estas dúas últimas resolucións xudiciais, o planeamiento urbanístico de Gondomar carece de validez.

Mentres tanto o alcalde, Carlos Silva Mariño, afirmou que o plan xeral segue vigente, posto que presentaron un recurso de casación contra o segundo auto do TSXG.

Mentres non esgoten as vías legais, o goberno municipal continuará outorgando licenzas urbanísticas. Para o secretario xeral do PSOE de Gondomar, Alfonso de Lis Fiuza, esta actitude é «unha fuxida cara a adiante que lles vai a colocar nun abismo sen retorno» e pediu ao alcalde e ao edil de Urbanismo que presenten a súa dimisión se non son capaces de normalizar a situación urbanística no Concello. De Lis criticou que o goberno municipal está actualmente outorgando licenzas con informes técnicos desfavorables. 


Continuar noticia en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=4452140