Mércores, 20 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG pide ao Goberno que investigue o ataque de Gondomar

O BNG pide ao Goberno que investigue o ataque de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
A dirección do BNG esixiu onte á Delegación do Goberno e á Subdelegación en Pontevedra a máxima dilixencia para identificar aos responsables do ataque que sufriu o seu vocal na entidade local de Morgadáns (Gondomar) na madrugada do pasado venres. Domingos Solla recibiu onte o apoio da dirección do Bloque. O portavoz nacional, acompañado de responsables das executivas nacional e comarcal, visitou a última hora da mañá a vivenda no barrio de Vilas, onde aínda permanecen os restos dos vehículos calcinados. Anxo Quintana afirmou que o BNG sempre estará a favor da defensa do territorio e en contra «dunha minoría, que eu nunca chamaría empresarios, que están empeñados na súa destrución». 

A agrupación nacionalista convocou para o venres, ás oito e media da tarde, unha concentración ante o Concello de Gondomar.

Leer noticia completa http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?TEXTO=4429100