Domingo, 4 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Val Miñor 300 persoas marchan polos areais de Nigrán en defensa do ensino público

300 persoas marchan polos areais de Nigrán en defensa do ensino público

Correo-e Imprimir PDF
Cadea humana contra a LOMCE

300 persoas, entre pais e alumanado, asistiron o pasado sábado a un acto de protesta convocados pola Coordinadora de Centro de Ensino do Val Miñor.

Os manifestantes formaron unha "cadea humana" para facer visible a súa oposición aos recortes e á nova lei de educación LOMCE.

A marcha iniciouse a ritmo de gaitas e tamboril ás 17h dende o Quirosno, no ecuador do areal de Lourido. A marcha percorreu durante unha hora todo o areal finalizando cunha merenda no campo de futbol. 

Este acto pon fin ao ano escolar e como tal ao calendario de actos que a coordinadora do Val Miñor veu realizando durante o presente ano contra os recortes no ensino público e polémica lei do goberno de Rajoy.