Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Policía Nacional aplicará “tolerancia cero” coas falsas denuncias.

A Policía Nacional aplicará “tolerancia cero” coas falsas denuncias.

Correo-e Imprimir PDF
coche-policia2

A Policía Nacional anuncia que non tolerará este tipo de prácticas tipificadas como delito no Código Penal, así como polo “grave dano” que provocan aos servizos públicos. Engaden que este tipo de feitos retraen persoal e recursos tanto do corpo policial como da xustiza.

O comunicado, emitido esta tarde en Vigo, advirte de prácticas como a falsa denuncias de roubos ca fin de recibir indemnizacións das empresas aseguradoras.

Non basta con retirar a denuncia

Lembran nun comunicado que a Policía investiga todas as denuncias presentadas “para esclarecer os feitos delituosos denunciados e chegar á identificación e detención dos presuntos autores, non bastando con intentar retirar a denuncia”.

Explican que a simulación de delito é unha infracción tipificada no Código Penal, o cal motiva que as persoas que incorren neste delito teñan que responder penalmente por iso, dándose conta sempre á autoridade xudicial. Ademais no caso de ser procesado xudicialmente por estas malas prácticas, queda constancia de antecedentes policiais.

“Abuso”             

Insisten que as denuncias falsas causan graves prexuízos no labor policial xa que os axentes que teñen que realizar a investigación dos feitos denunciados, deben retraerse das investigacións “dos feitos reais”.

“ É un abuso ás administracións o facer un uso innecesario dos seus limitados recursos”, remata o escrito policial.