As turbo glorietas preséntanse como unha alternativa posible para reducir os sinistros das actuais.
Vigo plantexa introducir este novo modelo de interseccións para reducir a segunda causa de accidentes en cidade. Un cambio que os miñoráns visitantes da cidade olívica terán que asimilar para poder conducir na cidade.
O novo deseño “obriga” elixir o carril de saída antes de entrar e elimina a prioridade do carril exterior.
España é un país invadido polas rotondas, e Galicia fixo da súa utilización unha estrutura imprescindible nos seus deseños de estradas, carreteiras e autoestradas. Mais a aparente seguridade que ían dar ao tráfico está infraestrutura está agora en dúbida en todo o Estado. A falla de cumprimento por parte dos condutores das normas que a rexen, fan que acaben sendo máis un estorbo que unha verdadeira axuda.
A finais de "2009 inaugurouse na vila asturiana de Grado, habitada por pouco máis de sete mil persoas, a primeira ‘turboglorieta’. Daquela presentada por autoridades locais e da DGT como unha "una solución viaria -usada fundamentalmente en Holanda- que elimina a prioridade do carril exterior”.
O novo tipo de glorieta caracterízase pola ausencia do carril exterior, causante de moitos problemas nas tradicionais. Na turbo-rotonda o condutor terá que elixir a que saída vai dirixirse antes de entrar.
Inda que o principio esta innovación traída dende Holanda foi considerada un pouco “tola” por algúns medios especializados, co tempo gañou adeptos e agora mesmo sinálase a posibilidade de que Vigo conte con elas.
A “turboglorieta” debe o seu nome ao feito de aumentar a capacidade das interseccións entre un quince e un vinte por cento e incrementa a seguridade, segundo medios especializados. "A distribución de tráfico que propón outorga utilidade a todos os carrís, xa que cada un deles traslada ao condutor ata unha saída polo que debe elixirse desde o inicio o carril en función do destino."
Isto axiliza a circulación, porque aínda que o radio de curva obriga a reducir a velocidade considerablemente, non o fai dunha forma tan pronunciada como as glorietas tradicionais, o que evita os atascos na zona.