Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade A Garda Civil detén ao suposto responsable de 29 incendios forestais.

A Garda Civil detén ao suposto responsable de 29 incendios forestais.

Correo-e Imprimir PDF
garda civil incendio

As investigacións desenvolvidas evidencian a relación directa do imputado coa autoría dos incendios forestais ocorridos durante este ano na Golada, sinala a Garda Civil.

A Garda Civil identificou a un veciño da Golada (G.V.C., de 39 anos), que foi imputado pola presunta comisión de 29 delitos de incendio forestais, todos eles cometidos durante os últimos meses nos montes de distintas parroquias deste municipio da provincia de Pontevedra.

A raíz dos dispositivos de prevención de incendios forestais e as investigacións que se viñan desenvolvendo pola Garda Civil na comarca de Deza-Tabeirós, tívose coñecemento dos movementos sospeitosos dun turismo en diversos paraxes da comarca.

Posteriormente, as investigacións dos incendios ocorridos o pasado día 5 deste mes en Órrea, Santa Comba, Carmoega e Ferreiroa, puxeron á Garda Civil na pista dun vehículo que resultou ser o do agora imputado, ao determinar que o modus operandi destes últimos incendios forestais correspondíase cos procedementos utilizados noutros 24 incendios s ocorridos no mesmo termo municipal da Golada durante este ano.

O suposto autor deberá comparecer en calidade de imputado ante o titular do Xulgado de Instrución número 2 da Estrada, que entende das dilixencias instruídas pola Garda Civil.