Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Incautan pertenzas a dous mozos de #Gondomar por presunta posesión de estupefacientes en #Nigrán.

Incautan pertenzas a dous mozos de #Gondomar por presunta posesión de estupefacientes en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

A Policía Local de Nigrán interveu onte unha pistola simulada de plástico e sen capuchón identificativo e 0,5 gramos dunha substancia que aparenta ser cocaína a dous individuos de Gondomar de 26 e 47 anos. O suceso tivo lugar na tarde do domingo, cando a unha patrulla policial lle chamou a atención a presenza dun Opel Astra estacionado na rúa Otero Pedrayo con dous varóns no seu interior.

Tras observalos, chamaron a outra unidade policial e procederon a identificar aos ocupantes, comprobando que ambos tiñan antecedentes por alcoholemia, furtos, e agresións. No momento en que un deles foi coller a documentación na guanteira a policía decatouse de que esta tamén contiña unha pistola que nese momento aínda non se apreciaba se era real ou non.

Ante esta situación procedeuse a chamar a outra patrulla e se pide aos ocupantes que baixen do turismo para inspeccionalos a ambos, nese momento observaron como o condutor arroxaba ao chan unha bolsiña de plástico cunha sustancia que, en aparencia, é cocaína. A este individuo, con un forte olor a alcohol, practicóuselle a proba de alcoholemia, arroxando un resultado positivo de 0,47 mlg/l.

Dado que o acompañante non tiña permiso de circulación, procedeuse a requisar o vehículo ata que a muller do condutor viu a facerse cargo do mesmo. Ambos foros denunciados polos feitos descritos.