Domingo, 20 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Os lumes da “raia” deixan pegada no ceo da tardiña miñorana . #Baiona #Gondomar # Nigrán

Os lumes da “raia” deixan pegada no ceo da tardiña miñorana . #Baiona #Gondomar # Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
ceominhor

As sombras das siluetas da Groba e o Galiñeiro acentúanse co efecto dun ceo cuberto polo fume procedente dos lumes de Portugal (Vilanova e Caminha) e Baixo Miño. O incendio que afectou 2 mil metros do monte de Santa Tegra sobre as 16 horas agravou a presenza de cinzas e fume no aire. Os ventos fixeron o seu e achegaron as cinsas e o fume ao Val Miñor.

Máis alá da traxedia dos incendios, a pegada duns ceos de tonalidades vermellas espertou a curiosidade dos internautas que comezaron a compartir centos de imaxes nas redes socias, inmortalizando o momento.

O lume de comezou en Vilanova de Cerveira este sábado ás 11:16h, e o forte vento de forza dous fixo correr a fronte de lume cara a Caminha saltando o río Coura até chegar a Serra de Arga. O país veciño rexistrou máis de 300 lumes este fin de semana.

Video Público.PT

Imagens do incêndio de Vila Nova de Cerveira que saltou o rio Coura para o lado de Caminha. http://publico.pt/n1704538

Posted by Público on Domingo, 9 de agosto de 2015