Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Abandonan un can lanzandoo por riba da cancela dunha protectora en Pontevedra

Abandonan un can lanzandoo por riba da cancela dunha protectora en Pontevedra

Correo-e Imprimir PDF
palleiro

Paran o coche nun dos carrís da carreteira e unha persoa baixa do vehículo un can con correa. Se aproxima ao portal da protectora e atopa que está pechado. Entón levanta o animal e comeza a tiralo polo aire coa intención de traspasar os 3 metros de altura do portal. Sen deterse no evidente sufrimento do can, e ante a frustración de non conseguir o cometido recibe axuda dunha segunda persoa que sae do coche. O elevan até o borde do portal e o soltan quedando o can pendurado no aire. Afogado, vai baixando até que a metade do percorrido o soltan, caendo o chan.

As persoas retíranse inmediatamente sen decatarse que todo está sendo filmado por unha cámara situada a carón do refuxio.

Os feitos ocorreron este xoves ás portas da protectora de animais e refuxio Os Palleiros, en Campañó, Ribeiro (Pontevedra).

A protectora deu aviso á policía e entregou copia da gravación. Agora, solicitan a colaboración cidadá nas redes, para identificar os responsables e evitar a impunidade deste tipo de feitos.

Dim lights Embed Embed this video on your site