Martes, 18 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Búscase a Emilio Estévez, veciño de Candeán desaparecido dende o mércores.

Búscase a Emilio Estévez, veciño de Candeán desaparecido dende o mércores.

Correo-e Imprimir PDF
2emilio estevez

Alento Asociación de dano cerebral pide a colaboración para quen poda achegar información sobre Emilio Estévez , veciño da parroquia viguesa de Candeán, desaparecido o mércores. A última vez que foi visto atopábase na avenida do Aeroporto e vestía chándal azul, sudadera verde e polo azul.

Segundo datos achegados pola asociación, Emilio, usuario da mesma ten 51 anos, mide apróximadamente 1,70 metros e ten o pelos canos. Ten problemas de memoria e pode que estea desorientado. Sinalan que urxe encontralo pos necesita tomar a súa medicacións.

Agradecen a difusión da súa desaparición, e de velo chamar ao servizo 091 ou calquera corpo de seguridade.