Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Onde están os limites do humor? #Nethinking5 #EsteEsZapata

Onde están os limites do humor? #Nethinking5 #EsteEsZapata

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Casado, Manuel de Lorenzo e Rober Bodegas

Internet é un tesouro de inxenio. O humor pode atopar a súa máxima expresión nun medio tan inmediato. Como se canaliza o humor en internet? Onde están los límites? Como afecta ao humor en rede o políticamente correcto? Empezamos a encasillarnos nos nosos papeis e no noso estatus virtual?

Estas foron as cuestións iniciais do panel de debate que tivo lugar o pasado mes de maio na Illa de San Simón dentro do encontro anual Nethinking sobre redes e información.

A polvareda mediatica levantada polos controvertidos tuit's do que foi nomeado concelleiro de cultura e deportes polo concello de Madrid Guillermo Zapata, e a súa posterior dimisión poñen sobre a mesa o debate sobre si se debe ou non establecer límites.

Segundo as conclusións extraídas do debate no que interviron humoristas como Rober Bodegas ou Alberto Casado (Se lo que hicisteis..), "o humor non ten límites obxectivos. A fronteira do aceptable e o inaceptable atópase nos oídos de quen escoita. Que lle poda sentar ben ou mal é só unha cuestión de proximidade e contexto"