Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O comité de Povisa involucra á Xunta nos despidos de Povisa

O comité de Povisa involucra á Xunta nos despidos de Povisa

Correo-e Imprimir PDF
comite povisa

O conflito laboral de Povisa xa é un problema máis para a Xunta de Galicia, institución que asinou recentemente un novo convenio para atención de pacientes da sanidade pública. Por iso, os membros do comité de empresa de Povisa concentráronse ante a delegación da Xunta en Vigo para esixir á administración galega que impida que o ERE exposto polo hospital, que implica o despedimento de 56 traballadores, A presidenta do comité de Povisa, María Jesús Neira, explicou que o concerto co Sergas prohibe a subcontratación –unha das medidas propostas pola empresa-- agás en casos excepcionais, sempre co consentimento da administración e cando se trate de servizos que non teñan que ver coa sanidade.

Neira lamentou que fai dez días pediron reunirse con Sanidade e non recibiron resposta, e insistiu en que a Xunta "non pode permitir" que o ERE vaia adiante, "porque para iso asinaron un contrato e pactaron unha prestación. Non se pode subcontratar e é responsabilidade da Xunta que non se faga".

Neira lembrou que o período de consultas do ERE finaliza o vindeiro sábado e que a dirección de Povisa quedou en dar este mércores unha resposta ás propostas que lle trasladaron, que pasan pola recolocación do persoal afectado e por unha redistribución das 35 horas semanais, divididas en cinco días con horario corrido.

"Non sabemos que pretenden con todo isto. Pensamos que detrás está a negociación do convenio colectivo", especulou Neira, quen considera "unha animalada" negociar dous diferentes, un para o persoal con antigüidade e outro para os novos contratados, porque iso implicaría "a desaparición de toda a parte social".

Información recollida polo medio colaborador Galicia Confidencial