Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade 105€ se queres recuperar o teu can fuxido.

105€ se queres recuperar o teu can fuxido.

Correo-e Imprimir PDF

can-perreira550Unha persoa que acudiu a recoller a súa mascota no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra atopouse cunha factura de 105 euros por motivo do traslado, colocación non autorizada dun chip identificador e catro días de estadía no centro.

 

Indignada fixo pública a súa queixa nas redes sociais cunha copia do "ticket" de CAAN, xunto cun texto no que protestaba polo alto custe deste servizo que está subvencionado por 48 concellos e a Deputación de Pontevedra, a través dun convenio marco e xestionado pola empresa pública TRAGSA.

A fotografía provocou unha morea de queixas e comentarios doutros propietarios de animais que pasaron por situacións similares ou que tiveron dificultades para afrontar o custe do servizo para poder retirar o seu can, coma se de un servizo de grúa de vehículos se tratase. Se non pagas, non podes retirar a túa mascota.

"Si alguna vez encontráis a un peixiño (en relación aos cans) y no sabéis que hacer con él, pagadle a algún pobre los 105€ que seguro que se os lo agradece más y el peixiño estará bien cuidado y no pasará por el trago de estar encerrado", protestaba Eva Cp, ensinando o boleto coa liquidación do servizo do CAAN: 45 euros pola recollida, 40 polo identificador e 5 euros diarios pola acollida.

Tarifas do servizo de recollida CAAN

prezos-caan

 

Este servizo está xestionado dende marzo de 2013 pola empresa estatal pública TRAGSATEC (filial de TRAGSA) e supón un custo anual de 366.678,96 euros, dos cales os concellos abonan 150.229,20 euros (0,40 céntimos por habitante), mentres que os 216.449,76 euros restantes os achega a Deputación.

Pese a que o pago do servizo sae dos impostos dos contribuíntes o Centro cobra adicionalmente aos donos dos cánidos pola xestión, sexa de oficio ou por solicitude de terceiros que reclamen a súa intervención. Ingresos que ten a obriga de dar conta e transferir semanalmente á Tesourería da Deputación de Pontevedra.