Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade VIDEO | Espectacular accidente na Gran Vía de Vigo deixa oito feridos leves.

VIDEO | Espectacular accidente na Gran Vía de Vigo deixa oito feridos leves.

Correo-e Imprimir PDF
accidente-gran-via

"Arestora temos o medo no corpo" sinala unha testemuña do espectacular accidente que tivo lugar este luns sobre as 11 horas da mañá na Gran Vía de Vigo.

Un autobús da empresa Monbús que transitaba cara a Praza América con cincuenta pasaxeiros comezou empurrar colectores, mobiliario urbán, xardineiras, árbores e vehículos aparcados provocando o pánico dos viandantes.

O conductor do autorcar, de 49 anos de idade, sufriu un desmaio e perdeu a consciencia por causas ainda descoñecidas. 

 

A desfeita rematou á altura do cruce coa Rúa del Carmen e deixou oito feridos, aínda que leves, e o peche da estrada por varias horas.

Os colegas de Vía Televisión falaron cunha persoa que logrou evitar ser arroxado polo autobús.

VIDEO VIAtv