Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Estudantes de Gondomar elaboran un manifesto en repulsa contra a vilencia de xénero.

Estudantes de Gondomar elaboran un manifesto en repulsa contra a vilencia de xénero.

Correo-e Imprimir PDF
violencia-genero14

Mañá día 25 de novembro con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, os alumnos de 3º e 4º da ESO dos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio de Gondomar, repartirán carteis e trípticos polos diferentes comercios da localidade, así como á poboación en xeral, a partir das 10.30 horas como parte dunha campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero desenvolvida polos propios alumnos a través dun programa coordinado co Concello de Gondomar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade. A partir das 12 horas os estudantes lerán un manifesto fronte ao concello onde terá lugar unha concentración en repulsa a violencia de xénero con dous minutos de silencio.